viernes, 21 de agosto de 2009

OS CURMÁNS DE ALÉN DO ATLÁNTICO

Outra vez voltamos ao mesmo: Quén de nós non ten algún parente doutro lado do Atlántico?. Cuba, Brasil, Arxentina, México, EEUU, Canadá... son países construídos sobre o sangue de moitos galegos e nos que a cultura dos que chegaron deiquí mantense viva.

Eiquí vai un exemplo, o do gaiteiro Daniel Alejandro Pazos, mestre de gaita do centro Galego de Bós Aires.



Tamén os curmáns do norte, emigraron e mantiveron viva a súa cultura. Xa varias veces falamos da evolución da música irlandesa en Norteamérica. Eiquí hai outro exemplo, un reel tradicional "The dusty miller" ou O Muiñeiro Palfurruñento, interpretado por un grupo de hillbillies.

lunes, 10 de agosto de 2009

MERCEDES PEÓN: Un Saúdo Para Alá

O Brixel é árbore de sombra, medra dereito en cabancas escuras, en terras húmidas, baixo os bidos, freixos e amieiros, aproveitando o pouco sol que traspasa a folla destes. O Brixel é planta humilde non pretende quen o gave mais recoñece o mérito alleo alén do próprio.

O Brixel sábese na súa terra, fortes raíces fincan o seu modesto tronco no chan ao tempo que as finas gaias o vencellan co ar xunguindo o seu cerne ao espírito do seu pobo é por iso que ao Brixel non o incomodan sementes alleas que agroman ao seu carón. O Brixel defende o dereito á diversidade das culturas dentro da universalidade do xénero humano. O Brixel non entende as leis dos homes, non entende ,por exemplo, que un home poida ser ilegal.



Mensaxe recibida, alto e claro: Un saúdo aos galegos do mundo, e o noso agradecemento por saberen conservar a nosa cultura alén da nosa terra, un saúdo tamen e a nosa benvida aos novos galegos que naceron lonxe da nosa terra pero que quixeron vir a compartir a vida con nós.

Un saúdo tamén e toda a nosa admiración vaia para a compañeira Mercedes Peón. A súa arte agroma do corazón da nosa terra, do máis profundo da tradición, para florecer en eidos distantes e actuais; a súa voz, mesta de sentimentos pálpase no ar e estrálanos contra o peito facendo que a mesma ialma se resinta dunha dor vella, enquistada de aldraxes e dunha ledicia doce de seráns e fiadeiros.

miércoles, 5 de agosto de 2009

BRIXEL AGAIN

Grande concertazo o que ofrecerá o grupo de música tradicional Brixel o vindeiro domingo 9 de agosto ás 22:30 na praza maior de Verín.
Alí estaremos todos con gañas de Foliada e de ghastar pista.
Namentres a data non chega podemos disfrutar coa música de Brixel en lata.