viernes, 1 de octubre de 2010

KLEZMER

Moito temos eiquí falado das músicas de mixtura, raianas no tempo e no espazo. A Nosa música, a música tradicional galega, e unha delas con influencias atlánticas, mediterráneas e até caribeñas de xentes que viñeron e foron, tocaron, cantaron e escoitaron.

Mais se hai un pobo que non raia con niguén, maiormente porque pasou por todos os pobos e culturas e non ten influenzas de ninguén porque todas as outras culturas sonlle própias e alleas a un tempo é o pobo xudeu (tamén o cigano pero del xa falaremos noutro intre). Pois ben, os xudeus logo de tempos de peregrinaxe foron engadindo pingas das músicas das terras que percorreron sobre a súa própia e dahí ven o que hoxe coñecemos coma música klezmer.

Tamén é de admirar a capacidade deste pobo que tanto padeceu ao longo dos anos para celebrar, proba delo é a ledicia que desprenden estes sons:

miércoles, 22 de septiembre de 2010

A Terra das Oportunidades

Algo tivo que ter e algo ten que seguir a ter esa terra alén do mar para que tantos desta beira deran o salto para aquela abusca dunha nova (mellor vida).

As Américas son moitas e moi distintas igual que as xentes que aló chegaron, Galegos moitos deles pero tamén irlandeses, escoceses, italianos, chineses, alemáns, daneses... todos eles coa súa cultura ás costas.

Moi comentada ten sido a pegada musical que os desta beira deixaron naquela de norte a sur pero cómpre tamén comentar o rebote desta. Cándo os descendentes dos que marcharon mantiveron esta cultura facéndoa evoluír dun xeito particular propio daquelas terras e nós dende a orixe retomamos o que nos chega e votámolo a cociñar e así sucesivamente.

Bueno, aquí vos vai un exemplo de todo esto que se contándoo semella complexo ao escoitalo resulta sinxelo. Un esocés, Fred Morrison, tocando na gaita Irlandesa unha peza americana: The Kansas City Hornpipes.

lunes, 5 de abril de 2010

Veña unha de EtnoJazz

Moitas son as evolucións das músicas tradicionas, e aquí temos dous exemplos de pioneiros da fusión das músicas de raíz co mellor Jazz obtendo coma resultado un produto de calidade óptima.

Por unha banda dende etiopía o pai do Ethio Jazz Mulatu Astatke, creador de sons e ambientes que destilan insolación, aires do deserto e refracións que provocan miraxes hipnóticas



Mulatu produciu a moitos musicos africanos entre os que podemos destacar a Mahmoud Ahmed



Por outra banda temos a Gato Barbieri saxofonista arxentino e destacado interprete de latin Jazz, outro mestre da creación de ambientes musicais con capacidade de teletransporte...Gato escomezou a súa carreira na banda do músico e compositor tamén arxentino Lalo Schifrin, famoso polas súas bandas sonoras para filmes. Aquí vos deixo o tema principal do inesquecible filme BullitTotal que comezamos no deserto de etiopía e rematamos nunha persecución polas empinadas rúas de San Francisco...

jueves, 18 de marzo de 2010

Estamos no tempo de estroupele-troupele!!

Unha pouca de enerxía nunca ven mal. E aínda máis para o brixel que coma caducifolia que é ten nestes días que espertar do letargo invernal e agromar.

Todos precisamos botar gromos de cando en vez, realizar unha catarse que nos leve a trocar aínda que sexa interiormente,novas ilusións, novos proxectos...

"A vida é aquelo que nos sudede namentres estamos a facer plans", dixo alguén que sabía do que falaba.

Total: renovarse ou morrer, e qué mellor que trocar aínda que sexa por unha vez a banda sonora da nosa película ao tempo que nos enchemos cun cachón de enerxía. Pois eiquí vai a descarga de White Zombie, e cun video do melloriño, preciosa a imaxe das go-gos no deserto..

martes, 12 de enero de 2010

TONY MACMAHON

Un xigante da acordeón de botóns irlandesa que compartiu música e pintas con Seamus Ennis, Willie Clancy, Joe Cooley e outros deuses da música irlandesa.
Eiquí o podedes ver nos seus inicios:





É grande tamén Tony polo seu pulo á hora de defender a pureza da música tradicional fronte aos que tentando agachar a súa falla de ideas ou talento buscan nas mixturas novos carreiros:



O músico verdadeiro só precisa do seu instrumento e é quen de interpretar a tradición e incluso evoluíla sen alonxarse dela. Eso foi o que fixeron os músicos que nos precederon e eso deberemos facer nós se queremos que a tradición chegue aos músicos que van vir.