martes, 1 de julio de 2014

Raigames Céltigas, Gallas cara á Armonía.

"Pedirónme que fixera a presentacion de este disco,cousa que acetei considerándo-o un grande honor,que resulta meirande si se ten en conta que o meu coñecemento da música galega ‚ é aida pequeno da bondo.
Con todo, teño pra min que este xesto é ‚ coma unha ponte galgando por riba do Atlántico,expresión dos vencellos que xuntan a Galicia e Bretaña , dous paises que se atopan,ainda que en distinto degrau,na encrucillada das culturas latina e céltiga.
Non quero facer colonialismo cultural ao afirmar que os celtas de Bretaña, Irlanda , e outras terras,logo de ter sido afogados atá agonía polos grandes estados opresores(Francia, Inglaterra...) sentímonos satisfeitos ao ver aos galegos revalorizar a súa parte da herdanza celtiga común pra mellor defender súa personalidade nacional frente a España . Penso que o elemento céltigo ‚ é o factor esencial que lles da tanto ao pobo como ao país galego o seu carácter definitivo.
Por outra banda ,a percura das raigames céltigas pode ,con seguridade ,axudar a reforzar a loita contra da civilización antihumana, estatalizante ,arredada da natureza que é o legado de Roma ; compre inspirarse no pensamento europeo prerromano que parellamente o pensamento oriental,non pode concebir a felicidade si non é na "Armonía".


Este texto, que segue a ter a día de hoxe unha vixencia plena, foi escrito polo grande Alan Stivell no ano 1977 coma prólogo ao disco de Emilio Cao "Fonte do Araño". Eran os anos do rexurdimento da música celta non só en Galicia que tamén en Irlanda, Escocia ou Bretaña.


Ao pouco tempo do Emilio Cao rematar este traballo os gaiteiros "Faiscas do Xiabre" xuntábanse cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní pra gravaren xuntos "A Galicia de Maeloc". Nacía así Milladoiro. De todo esto era partícipe o amigo e veciño Nonito Pereira e así o conta nun artigo máis que recomendable publicado no seu Blog.

Mais voltando ao fermoso texto do Alan Stivell, é abraiante coma no derradeiro parágrafo define moitas das ideas que a día de hoxe consideramos novidade. A revindicación do celtismo fronte ao mundo romano. Unha revindicación feita coa boca grande, sen vergoña, coa fachenda do que somos e o coñecemento do que fomos. A revindicación dun celtismo que nos leve ás orixes, ao retorno á terra, á simplificación da vida,... ou nunha soa palabra á procura da ARMONÍA.


lunes, 31 de marzo de 2014

O Entendemento do Brixel.

O brixel agacha tras a súa estaticidade vexetal unha intelixencia superior. As súas raízes, fincadas na terra fonda, posúen moreas de neuronas de elevada capacidade perceptiva que se comunican entre sí a traveso de impulsos eléctricos.



O brixel, grazas a súa superior intelixencia, é quen de comprender a existenza duns seres que a pesares de precisaren da terra para a súa supervivencia non fan máis que aldraxala.

"Quizabes sexa a posición dos seus miolos", matina o brixel na súa privilexiada posición a carón da cachoeira no máis fondo avesedo, "eses seres levan os miolos no alto e non dentro da terra. Quizabes eso os faga arredar dela até procurarlle o dano". E sinte mágoa por esa caste de animais que créndose posuídores dun entendemento senlleiro camiñan cara a súa propia destrución.