lunes, 5 de abril de 2010

Veña unha de EtnoJazz

Moitas son as evolucións das músicas tradicionas, e aquí temos dous exemplos de pioneiros da fusión das músicas de raíz co mellor Jazz obtendo coma resultado un produto de calidade óptima.

Por unha banda dende etiopía o pai do Ethio Jazz Mulatu Astatke, creador de sons e ambientes que destilan insolación, aires do deserto e refracións que provocan miraxes hipnóticas



Mulatu produciu a moitos musicos africanos entre os que podemos destacar a Mahmoud Ahmed



Por outra banda temos a Gato Barbieri saxofonista arxentino e destacado interprete de latin Jazz, outro mestre da creación de ambientes musicais con capacidade de teletransporte...Gato escomezou a súa carreira na banda do músico e compositor tamén arxentino Lalo Schifrin, famoso polas súas bandas sonoras para filmes. Aquí vos deixo o tema principal do inesquecible filme BullitTotal que comezamos no deserto de etiopía e rematamos nunha persecución polas empinadas rúas de San Francisco...

jueves, 18 de marzo de 2010

Estamos no tempo de estroupele-troupele!!

Unha pouca de enerxía nunca ven mal. E aínda máis para o brixel que coma caducifolia que é ten nestes días que espertar do letargo invernal e agromar.

Todos precisamos botar gromos de cando en vez, realizar unha catarse que nos leve a trocar aínda que sexa interiormente,novas ilusións, novos proxectos...

"A vida é aquelo que nos sudede namentres estamos a facer plans", dixo alguén que sabía do que falaba.

Total: renovarse ou morrer, e qué mellor que trocar aínda que sexa por unha vez a banda sonora da nosa película ao tempo que nos enchemos cun cachón de enerxía. Pois eiquí vai a descarga de White Zombie, e cun video do melloriño, preciosa a imaxe das go-gos no deserto..

martes, 12 de enero de 2010

TONY MACMAHON

Un xigante da acordeón de botóns irlandesa que compartiu música e pintas con Seamus Ennis, Willie Clancy, Joe Cooley e outros deuses da música irlandesa.
Eiquí o podedes ver nos seus inicios:





É grande tamén Tony polo seu pulo á hora de defender a pureza da música tradicional fronte aos que tentando agachar a súa falla de ideas ou talento buscan nas mixturas novos carreiros:



O músico verdadeiro só precisa do seu instrumento e é quen de interpretar a tradición e incluso evoluíla sen alonxarse dela. Eso foi o que fixeron os músicos que nos precederon e eso deberemos facer nós se queremos que a tradición chegue aos músicos que van vir.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Máis curmáns de alén do Atlántico

A verdade é que é para non parar, a fecundidade musical e artística das terras Americanas tenme louco. Semella coma se as distintas sementes culturais que alí chegaron (Galegos, Irlandeses, Italianos, Africanos...) agromaran mesturándose co que alí había e floreceran de mil xeitos.

Xa temos falado aquí da influenza da música celta en Norteamérica do gaiteiro de Texas, da música Bluegrass e Hillbillie.. Pois hoxe imos continuar co mesmo tema facéndolle unha modestísima homenaxe a un veterán: Ralph Stanley, ninguén que oia a súa voz pode deixar de lembralo logo, coma mostra eiquí vai esto:



Pois nada, con coiro de pita ficamos ao escoitarmos esta interpretación dun mestre. E sen máis convidamos a subir á picota a Ralph Stanley (hoxe é o día dos pelikeiros veteráns).

viernes, 11 de diciembre de 2009

Ven por entre as xestas, meu Joe

Esto é música, setir coma o son te transporta até sitios lonxanos no tempo e no espazo.
Un Grupazo con todas as letras, Caledonian Companion se chaman e son italianos, entre os seus membros destacan Fabio Rinaudo, uilleann pipes e whistles e Daniele Caronna, violino músicos de longa traxectoria na música irlandesa con grupos coma Birkin Tree.

O seu repertório está integrado en exclusiva por temas irlandeses e escoceses dos séculos XVII e XVIII antes de que a invasión Inglesa da illa de Irlanda polas tropas de Cromwell dera cabo da cultura gaélica. Todos eses temas foron recollidos en libros no século XVIII e librados así do esquenzo.

Aquí vai unha suite de temas recompilados no manual de O'Farrel, entre os que destaca a preciosa marcha "Come thru the broom, my Joe" o que en galego sería Ven por entre as xestas, meu Xan,


viernes, 21 de agosto de 2009

OS CURMÁNS DE ALÉN DO ATLÁNTICO

Outra vez voltamos ao mesmo: Quén de nós non ten algún parente doutro lado do Atlántico?. Cuba, Brasil, Arxentina, México, EEUU, Canadá... son países construídos sobre o sangue de moitos galegos e nos que a cultura dos que chegaron deiquí mantense viva.

Eiquí vai un exemplo, o do gaiteiro Daniel Alejandro Pazos, mestre de gaita do centro Galego de Bós Aires.



Tamén os curmáns do norte, emigraron e mantiveron viva a súa cultura. Xa varias veces falamos da evolución da música irlandesa en Norteamérica. Eiquí hai outro exemplo, un reel tradicional "The dusty miller" ou O Muiñeiro Palfurruñento, interpretado por un grupo de hillbillies.

lunes, 10 de agosto de 2009