Mostrando entradas con la etiqueta Trasatlantic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Trasatlantic. Mostrar todas las entradas
martes, 24 de septiembre de 2013
Serous transatlanticos
Xa longamente temos falado das relacións entre as nosas músicas e as dos nosos curmáns de alén do atlántico.
Toca agora tirar a destaque unha iniciativa dos nosos irmáns do norte para achegárense aínda máis, botar unha alancada e deixar un pé en cada beira.
A esta alancada, que foi organizada polas cadeas de televisión BBC4, BBC Scotland e RTE (Tv pública irlandesa), puxéronlle o nome de "Trasatlantic Sessions".
A idea consistiu na realización de encontros entre recoñecidos intérpretes de música celta de Irlanda e Escocia con outros non menos recoñecidos da que se deu en chamar Americana music (Bluegrass, Country, Hillbily...). Pois ben, como é que "cada animal coñece ao seu igual" logo xurdiu a maxia.
Velaquí un exemplo da fermosa mistura entre música celta e bluegras (o que ven sendo coma xuntar a nai e maila filla) da man de Dan Tyminski (Guitarra e voz), Michael McGoldrick (Frauta irlandesa) e o mestre do dobro Jerry Douglas entre outros xenios.
E a drede deixei para o remate o bocado máis doce: O mestre da gaita irlandesa Ronan Browne dirixindo unha autentica liturxia musical. Así que fóra luces, fitemos cara dentro e deixémonos aboiar até fundirmos co espírito da nai...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)