Mostrando entradas con la etiqueta odonata noitarega libeliñas gaiteiros brixel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta odonata noitarega libeliñas gaiteiros brixel. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de abril de 2011

Libeliñas e gaiteiros



Compañeiras do brixel que na súa estaticidade vexetal fita con envexa o seu voo e brincadeiras. Evocan en nós unha infancia ribeirá; imaxes oníricas filmadas co filtro verde das frondas de amieiros. Raiolas que traspasan a teitume por riba da branca cachoeira que enche a paisaxe co seu bruar.

O imaxinario popular viu na forma dos gaiteiros a metáfora do son querido: O instrumento máis noso no seu abdome a xeito de ronco.



Pois veña unha de gaiteiros, gaiteirazos, Noitarega: