martes, 6 de noviembre de 2012
Sempre cara adiante, co pé que non é...
Ou "wrong foot forward" coma ten por título a canción dos enormes FLOOK
Vénseme a cabeza a frase do poeta "Un paso adiante e dous atrás, Galiza avanza". O certo e que ao marxe do título o tema ten o aquel de levarnos a outro sitio, outro tempo, outra dimensión.
Mais como seguramente ao rematarmos de ouvilo seguiremos a estar no mesmo lugar (aínda que uns 5,37 minutos máis tarde) e hai risco de xeadas imos entrar en calor cun pouco de lume...
viernes, 3 de agosto de 2012
Os Sons da Saudade
O Brixel sofre coa saudade lonxe da terra, lonxe do avesedo a carón de freixos e amieiros, á beira do regato e da frescura da cachoeira de brancas augas. De igual xeito sofre quen se ve na obriga de procurar en terra allea a vida que se lle nega na terra propia.
Moito se ten eiquí falado da capacidade dos nosos irmáns e curmáns de alén do atlántico de conservar as súas raíces musicais. Nun principio amarrándoas coa forza do derradeixo vecello que os xunguía á terra, logo deixandoas voar, mesturarse e evoluir criando novos xeitos e estilos.
Hoxe toca lembrar a aqueles que sucaron o ouceano encadeados nas adegas dun galeón deixando por tras un ronsel de ialmas. Estímase que máis de sesenta millóns de homes mulleres e nenos foron arrincados da súa casa en África e levados a América, Asia ou Europa para seren vendidos coma mercadoría. Máis de dazasete millóns de persoas faleceron durante a travesía.
Escravitude debería de ser unha palabra esquecida, mais por mágoa segue a soar el lugares coma Haití, Sudán, India, Mauritania... e en demasiadas ocasións en situacións que temos na porta da casa.
Os sons que chegaron dende África evoluíron de moitos xeitos nos distintos lugares,
un bó exemplo desto é Cuba onde algo tiveron que ver tamén os galegos, non hai máis que ler as espléndidas novelas de Miguel Barnet.
Contan que o compañeiro Compay, espertou unha mañá logo de ter escoitando en soños este magnífico tema de melodía que cheira á salitre do caribe Santiaguero e guitarras que se cravan no peito coma agullas de saudade:
A saudade da terra, do ser querido, da liberdade... Ialma de blues.
Robert Johnson, neto de escravos foi un adiantado ao seu tempo, o seu xeito de tocar a guitarra e interpretar a música blues sentou as bases do que logo se daría en chamar rock and roll.
miércoles, 8 de febrero de 2012
Tua nai é Meiga
Cheira ao entroido.
Nestas datas a man busca a zamarra e o lombo pide chocas.
Nestas datas o frío siberiano (ou o tío severiano) fica fora. Illado, o peliqueiro só sinte o lume da caldeira que leva dentro do peito.
Nestas datas cómpre achegarse a carón doutro lume. O lume na palleira ou o lume na palleta destes rapaces cos que o mesmo Tristan Tzara se vería identificado. O proprio nome do cuarteto: Canle Dadá traenos lembranzas das avangardas; principiaba o século vinte e Manoel Antonio, "lirionauta" rianxeiro das ciencias exactas, trazaba caligramas a bordo do Constantino Candeira.
En terra, ao lonxe, podería soar algo así:

viernes, 15 de abril de 2011
Libeliñas e gaiteiros

Compañeiras do brixel que na súa estaticidade vexetal fita con envexa o seu voo e brincadeiras. Evocan en nós unha infancia ribeirá; imaxes oníricas filmadas co filtro verde das frondas de amieiros. Raiolas que traspasan a teitume por riba da branca cachoeira que enche a paisaxe co seu bruar.
O imaxinario popular viu na forma dos gaiteiros a metáfora do son querido: O instrumento máis noso no seu abdome a xeito de ronco.
Pois veña unha de gaiteiros, gaiteirazos, Noitarega:
Etiquetas:
odonata noitarega libeliñas gaiteiros brixel
viernes, 1 de octubre de 2010
KLEZMER
Moito temos eiquí falado das músicas de mixtura, raianas no tempo e no espazo. A Nosa música, a música tradicional galega, e unha delas con influencias atlánticas, mediterráneas e até caribeñas de xentes que viñeron e foron, tocaron, cantaron e escoitaron.
Mais se hai un pobo que non raia con niguén, maiormente porque pasou por todos os pobos e culturas e non ten influenzas de ninguén porque todas as outras culturas sonlle própias e alleas a un tempo é o pobo xudeu (tamén o cigano pero del xa falaremos noutro intre). Pois ben, os xudeus logo de tempos de peregrinaxe foron engadindo pingas das músicas das terras que percorreron sobre a súa própia e dahí ven o que hoxe coñecemos coma música klezmer.
Tamén é de admirar a capacidade deste pobo que tanto padeceu ao longo dos anos para celebrar, proba delo é a ledicia que desprenden estes sons:

miércoles, 22 de septiembre de 2010
A Terra das Oportunidades
Algo tivo que ter e algo ten que seguir a ter esa terra alén do mar para que tantos desta beira deran o salto para aquela abusca dunha nova (mellor vida).
As Américas son moitas e moi distintas igual que as xentes que aló chegaron, Galegos moitos deles pero tamén irlandeses, escoceses, italianos, chineses, alemáns, daneses... todos eles coa súa cultura ás costas.
Moi comentada ten sido a pegada musical que os desta beira deixaron naquela de norte a sur pero cómpre tamén comentar o rebote desta. Cándo os descendentes dos que marcharon mantiveron esta cultura facéndoa evoluír dun xeito particular propio daquelas terras e nós dende a orixe retomamos o que nos chega e votámolo a cociñar e así sucesivamente.
Bueno, aquí vos vai un exemplo de todo esto que se contándoo semella complexo ao escoitalo resulta sinxelo. Un esocés, Fred Morrison, tocando na gaita Irlandesa unha peza americana: The Kansas City Hornpipes.

lunes, 5 de abril de 2010
Veña unha de EtnoJazz
Moitas son as evolucións das músicas tradicionas, e aquí temos dous exemplos de pioneiros da fusión das músicas de raíz co mellor Jazz obtendo coma resultado un produto de calidade óptima.
Por unha banda dende etiopía o pai do Ethio Jazz Mulatu Astatke, creador de sons e ambientes que destilan insolación, aires do deserto e refracións que provocan miraxes hipnóticas
Mulatu produciu a moitos musicos africanos entre os que podemos destacar a Mahmoud Ahmed
Por outra banda temos a Gato Barbieri saxofonista arxentino e destacado interprete de latin Jazz, outro mestre da creación de ambientes musicais con capacidade de teletransporte...Gato escomezou a súa carreira na banda do músico e compositor tamén arxentino Lalo Schifrin, famoso polas súas bandas sonoras para filmes. Aquí vos deixo o tema principal do inesquecible filme BullitTotal que comezamos no deserto de etiopía e rematamos nunha persecución polas empinadas rúas de San Francisco...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)