"Pedirónme que fixera a presentacion de este disco,cousa que acetei considerándo-o un grande honor,que resulta meirande si se ten en conta que o meu coñecemento da música galega ‚ é aida pequeno da bondo.
Con todo, teño pra min que este xesto é ‚ coma unha ponte galgando por riba do Atlántico,expresión dos vencellos que xuntan a Galicia e Bretaña , dous paises que se atopan,ainda que en distinto degrau,na encrucillada das culturas latina e céltiga.
Non quero facer colonialismo cultural ao afirmar que os celtas de Bretaña, Irlanda , e outras terras,logo de ter sido afogados atá agonía polos grandes estados opresores(Francia, Inglaterra...) sentímonos satisfeitos ao ver aos galegos revalorizar a súa parte da herdanza celtiga común pra mellor defender súa personalidade nacional frente a España . Penso que o elemento céltigo ‚ é o factor esencial que lles da tanto ao pobo como ao país galego o seu carácter definitivo.
Por outra banda ,a percura das raigames céltigas pode ,con seguridade ,axudar a reforzar a loita contra da civilización antihumana, estatalizante ,arredada da natureza que é o legado de Roma ; compre inspirarse no pensamento europeo prerromano que parellamente o pensamento oriental,non pode concebir a felicidade si non é na "Armonía".
Este texto, que segue a ter a día de hoxe unha vixencia plena, foi escrito polo grande Alan Stivell no ano 1977 coma prólogo ao disco de Emilio Cao "Fonte do Araño". Eran os anos do rexurdimento da música celta non só en Galicia que tamén en Irlanda, Escocia ou Bretaña.
Ao pouco tempo do Emilio Cao rematar este traballo os gaiteiros "Faiscas do Xiabre" xuntábanse cos músicos Antón Seoane e Rodrigo Romaní pra gravaren xuntos "A Galicia de Maeloc". Nacía así Milladoiro.
De todo esto era partícipe o amigo e veciño Nonito Pereira e así o conta nun artigo máis que recomendable publicado no seu Blog.
Mais voltando ao fermoso texto do Alan Stivell, é abraiante coma no derradeiro parágrafo define moitas das ideas que a día de hoxe consideramos novidade. A revindicación do celtismo fronte ao mundo romano. Unha revindicación feita coa boca grande, sen vergoña, coa fachenda do que somos e o coñecemento do que fomos. A revindicación dun celtismo que nos leve ás orixes, ao retorno á terra, á simplificación da vida,... ou nunha soa palabra á procura da ARMONÍA.
martes, 1 de julio de 2014
lunes, 31 de marzo de 2014
O Entendemento do Brixel.
O brixel agacha tras a súa estaticidade vexetal unha intelixencia superior. As súas raízes, fincadas na terra fonda, posúen moreas de neuronas de elevada capacidade perceptiva que se comunican entre sí a traveso de impulsos eléctricos.
O brixel, grazas a súa superior intelixencia, é quen de comprender a existenza duns seres que a pesares de precisaren da terra para a súa supervivencia non fan máis que aldraxala.
"Quizabes sexa a posición dos seus miolos", matina o brixel na súa privilexiada posición a carón da cachoeira no máis fondo avesedo, "eses seres levan os miolos no alto e non dentro da terra. Quizabes eso os faga arredar dela até procurarlle o dano". E sinte mágoa por esa caste de animais que créndose posuídores dun entendemento senlleiro camiñan cara a súa propia destrución.

miércoles, 13 de noviembre de 2013
A Música das Fadas Mariñas
Conta Plácido Castro como nunha das xornadas que pasou naquel verán de 1928 na illa Gran Blasket o seu guía e compañeiro, o londinense Doutor Flower, fixo chamar a todos os habitantes para repartir entre eles os cartos que gañara cos relatórios sobre os seus estudos na illa. Reunidos na cociña da casa do rei da illa e logo de recolleren a súa parte formouse logo foliada. Plácido conta coma os meniños e rapazas escomezaron a cantar en gaélico.
Máis o que verdadeiramente emocionou ao viaxeiro foi coma nun intre da foliada se fixo o silenzo. Un silenzo cerimonial que rachou Paddy Na hInn'sh o fiddler da illa interpretando a peza "Port na Bon Kee", hoxe escrita coma Port Na Bpucai, o que viría sendo na língua de Rosalía A Música das Fadas.
Plácido Castro aproveitou para transcribir a peza para abraio dos illeiros que non daban creto a que unha melodía das fadas se poidera representar a base de liñas e puntiños.
A lenda da peza contanos coma tres mariñeiros da illa Inis Mhic Aoibhleáin, que andaban a faenar, escoitaron unha fermosa melodía que xurdía das augas. Enfeitizados por aqueles sons bogaron tras deles na crenza de que se ían atopar coas fadas. Non atopaton ás fadas cantoras mais remataron por aprender a peza que se popularizou axiña entre os músicos daquelas illas. A tan estrano suceso adicou o poeta Seamus Heaney o seu fermoso poema "The Given Note":
Lonxe da poética da lenda atopamos a explicación actual que nos dí que aqueles mariñeiros probablemente escoitaron os cantos dos xibardos ou baleas xibadas. De ser esto certo o fermoso alalá das Blasket suporía un caso máis de imitación dos sons da natureza na música tradicional.

Etiquetas:
Blasket,
Fiddle,
Irlanda,
música,
Placido castro,
Port na Bpucai,
uilleann
martes, 5 de noviembre de 2013
Un Galego en Irlanda<--->A Galician in Ireland
Debo confesar que nada sabía sobre Plácido Castro até hai poucos días cando un bó amigo puxo na miña man o libro no que se recollen os artigos e fotografías que publicou no diario "El Pueblo Gallego" entre o 24 de agosto e o 21 de setembro de 1928 nos que relataba a súa viaxe por Irlanda. Contaba daquelas o amigo Plácido 26 invernos.
Nunha fermosa pasaxe do seu relato contanos un serao fronte a lareira na casa de Kate Casey, filla do rei da illa Gran Blasket (An Blascaod Mór):
"De cando en cando, Kate, no seu inglés arcaico e encantador, cheo de xiros gaélicos, reminiscente da fala dos paisanos de Synge faime preguntas no tocante á vida en Galicia. Abraia ao saber que na nosa terra úsanse culleres de pao, que os bois erguen as redes nas nosas praias. Interésalle canto se relaciona coa nosa vida: a pesca, a agricultura. Interpreta as miñas respostas á súa familia, xa que eles non entenden o inglés e comentan estas cousas que para eles son deleitosamente exóticas..."
De imaxinarmos os sons que se escoitaban naquel serao, poderían semellarse aos desta sesión do Micho Russell e amizades, un chisco máis á norte no Country Clare. Por certo, nela vemos o uso da pandeira, exacta aquí á galega que logo evoluiría ao longo do pasado século para orixinar o Bodhran.
Plácido Castro foi educado dende cativo en escolas de Glasgow polo que daquela estaba moi ben relacionado nos eidos sociais e culturais de Londres. O seu dominio do Inglés permitiulle realizar varias traducións ao galego. Por outra banda, a súa visión da nosa terra dende o exterior fixo que acadara unha perspectiva dende a que fitaba a necesidade dunha proxeción internacional da nosa cultura e do galeguismo en xeral. Esta proxeción materializaríase na participación dunha delegación galega no Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna no 1933.
A mesma proxeción internacional da nosa cultura que buscou o galeguismo de preguerra conqueriu, por exemplo, que os Gaiteiros de Soutelo fixeran unha xira polos mellores teatros ao longo de todo o continente americano ou que estiveran mesmo a piques de actuar na inauguración das olimpiadas de Berlín de 1936. Mágoa que tiveran que voltar para casa precipitadamente vía Lisboa. Logo todo ficou escuro, coa escuridade da noite... a longa noite de pedra.

avelino cachafeiro,
Blasket,
galeguismo,
Placido castro,
soutelo
jueves, 17 de octubre de 2013
O meniño Cúchulainn
O neno Cuchulainn, fillo do deus Lugh e da irmá ou filla do rei do Ulster Dectera, amosou as súas capacidades dende idades ben temperás.
Recibiu o nome de Setanta no intre do seu nacemento, mais sendo aínda ben pequeno sucedeu que se entretivo enredando cos outros cativos e cando quixo ir cear á casa do ferreiro Cullan xa era noite. Este soltara xa ao seu xigante can de garda que atacou ao neno para impedirlle o paso á casa. Cando os convidados á cea saíron alarmados polo balbordo atoparon ao meniño cun pé sobre o corpo do can morto.
Ao decatarse o neno de que Cullan o ferreiro se botara a chorar polo seu can ofreceuse el mesmo para gardarlle a casa. Foi entón cando Cathbad o druída do Ulster, que se atopaba entre os convidados á cea, proclamou que o nome do cativo sería dende entón Cu Chulain o que ven sendo O Can de Cullan.
Das moitas máis fazañas e aventuras que viviría Cuchulainn para ao fin morrer mozo loitando contra tres exércitos coa súa lanza Gael Bog na man, falaremos noutras ocasións.
Caoineadh Cu Chulain ou o Laído por Cuchulainn, é un fermoso slow air (o que viría sendo o noso alalá) que aquí vos deixo na interpretación maxistral dun novísimo Davy Spillane para o encete do espectáculo Riverdance.

celta,
Cúchulainn,
mitoloxía,
Riverdance,
Spillane,
Ulster
martes, 24 de septiembre de 2013
Serous transatlanticos
Xa longamente temos falado das relacións entre as nosas músicas e as dos nosos curmáns de alén do atlántico.
Toca agora tirar a destaque unha iniciativa dos nosos irmáns do norte para achegárense aínda máis, botar unha alancada e deixar un pé en cada beira.
A esta alancada, que foi organizada polas cadeas de televisión BBC4, BBC Scotland e RTE (Tv pública irlandesa), puxéronlle o nome de "Trasatlantic Sessions".
A idea consistiu na realización de encontros entre recoñecidos intérpretes de música celta de Irlanda e Escocia con outros non menos recoñecidos da que se deu en chamar Americana music (Bluegrass, Country, Hillbily...). Pois ben, como é que "cada animal coñece ao seu igual" logo xurdiu a maxia.
Velaquí un exemplo da fermosa mistura entre música celta e bluegras (o que ven sendo coma xuntar a nai e maila filla) da man de Dan Tyminski (Guitarra e voz), Michael McGoldrick (Frauta irlandesa) e o mestre do dobro Jerry Douglas entre outros xenios.
E a drede deixei para o remate o bocado máis doce: O mestre da gaita irlandesa Ronan Browne dirixindo unha autentica liturxia musical. Así que fóra luces, fitemos cara dentro e deixémonos aboiar até fundirmos co espírito da nai...
viernes, 20 de septiembre de 2013
Das feridas do pasado ao futuro primitivo
Nada conhezo de Marcos Lourenzo agás este relatório.
A súa análise da Galiza actual é lúcida e directa coma uma frecha que afonda no albo do espírito que nos define coma pobo.
A súa mensaxe cheganos cun aquel de lembranza, a da verdade esquecida, amais do recendo dese futuro primitivo ao que moitos temen e algúns desexamos...
Dinos o autor:
"De pequeno eu vivía na Coruña. Ou mellor dito, sobrevivía na cidade, sometido a unha especie de estado de excepción, coma un intruso agochado nas marxes dun territorio estraño. Fun o último de tres irmáns e o primeiro en nacer na urbe. Pertenzo logo á primeira xeración urbana dunha familia de inmigrantes..."
Eiquí tedes o texto completo e unha boa banda sonora
miércoles, 17 de abril de 2013
Primavera!! Psicodelia, mestizaxe e neohipysmo
A chuvia: facedora dun país esculpido a golpes de tempo na rexa rocha. Fonte de regos, regatos e fermosísimas cachoeiras. Sangue da terra que se espalla penetrando en cada un dos organísmos que a habitamos...Mais nunca choveu que non escampara e conforme Beltaine se achega e o sol vai gañando a partida as primeiras raiolas fan estoupar gromos e corazóns.
O brixel non é alleo a foto nin termoperiodos e aínda que finca as súas fondas raíces no máis escuro do avesedo é quen de viaxar co maxín e soñarse dacabalo dunha táboa sucando as ondas perto dunha praia poboada por fermosas rapazas de minúsculos traxes de baño...
miércoles, 27 de marzo de 2013
Barney McKenna, na nosa lembranza
A piques de chegarmos ao día no que se cumpre un ano do seu pasamento imos lembrar ao grandísimo músico Barney McKenna. Coñecido pola maioría coma virtuoso do banjo tenor na banda "The Dubliners" coa que acadou éxito mundial.
Xunto co seu amigo Tony McMahon (do que xa temos falado) percorreu Irlanda e outros lugares na procura dos músicos tradicionais.
Aquí podemolos ver no programa da RTÉ "The Green Linnet" de 1978, un magnífico traballo de valorización da música tradicional irlandesa nun intre no que o mal entendido progreso estaba a isolala nas aldeas e entre a coñecida coma "Travelling people".
O caracter de Barney, que era quen de por o soriso nos beizos de todos os que atopaba, foi o contrapunto ideal do reflexivo e didáctico McMahon.
No ano 2006 a televisión pública irlandesa RTÉ emitiu un documental conmemorativo do 20 aniversario da gravación do programa: The Green Linnet Remembered.
Hoxe, baixo esta chuvia perenne soan as chocas pra lembrarmos a Barney McKenna. Que as escoite dende as illas das mazairas que se atopan alén da brétema co banjo nunha man e unha pinta na outra.
viernes, 18 de enero de 2013
Sobre a matemática, a música e a soberanía alimentar
Se a matemática é algo natural ou foi creada polo home para explicarmos a nosa percepción do entorno é un tema que foi longamente discutido.
Parece que xa os antigos gregos deran coa chave para saírmos das dúbidas, e esa chave atopábase no número φ (fi, número de ouro, deviña proporción...), descuberto coma relación de proporción entre segmentos de rectas. Resulta que a devandita proporción aparece tanto en figuras xeométricas coma en formacións naturais, dende a distribución de follas nunha galla até cunchas de moluscos.
Pois ben, fi tamén aparece na música (que coma todos sabemos é irmá da matemática), de xeito que o propio valor de fi, que comeza con 1.61803398874989484820458683436563811772 e non remata nunca, tamén se pode interpretar coma unha partitura co resultado que podedes escoitar.
Total, que poderíamos dicir que se a matemática provén da natureza, a música tamén. Isto non semella estraño á vista do sentido do ritmo e da afinación da xente que vive nas sociedades apegadas á terra, facendo parte da natureza.
Semella que nas nosas sociedades “desenvolvidas” perdemos ese innato sentido musical conforme nos imos alonxando da terra. Este alonxamento podémolo entender dun xeito figurado (actividades humanas que prexudican ao equilibrio do planeta) ou dun xeito literal: canta xente hai que pasa a maior parte dos seus días sen pisaren a terra? Sempre sobre pavimentos que nos illan de gaia, que non nos deixan sentirmos a tomar parte dunha enerxía, dun megaorganismo do que todos somos células (por mágoa algunhas cecais canceríxenas).
Neste contacto coa terra xoga un papel fundamental a alimentación, ou mellor dito, a capacidade de producirmos os nosos propios alimentos. Isto que se da en chamar soberanía alimentar e que amáis de engadir un grao de liberdade ás nosas vidas danos a oportunidade de metermos as mans na terra, dito dun xeito literal pero tamén figurado.
martes, 6 de noviembre de 2012
Sempre cara adiante, co pé que non é...
Ou "wrong foot forward" coma ten por título a canción dos enormes FLOOK
Vénseme a cabeza a frase do poeta "Un paso adiante e dous atrás, Galiza avanza". O certo e que ao marxe do título o tema ten o aquel de levarnos a outro sitio, outro tempo, outra dimensión.
Mais como seguramente ao rematarmos de ouvilo seguiremos a estar no mesmo lugar (aínda que uns 5,37 minutos máis tarde) e hai risco de xeadas imos entrar en calor cun pouco de lume...
viernes, 3 de agosto de 2012
Os Sons da Saudade
O Brixel sofre coa saudade lonxe da terra, lonxe do avesedo a carón de freixos e amieiros, á beira do regato e da frescura da cachoeira de brancas augas. De igual xeito sofre quen se ve na obriga de procurar en terra allea a vida que se lle nega na terra propia.
Moito se ten eiquí falado da capacidade dos nosos irmáns e curmáns de alén do atlántico de conservar as súas raíces musicais. Nun principio amarrándoas coa forza do derradeixo vecello que os xunguía á terra, logo deixandoas voar, mesturarse e evoluir criando novos xeitos e estilos.
Hoxe toca lembrar a aqueles que sucaron o ouceano encadeados nas adegas dun galeón deixando por tras un ronsel de ialmas. Estímase que máis de sesenta millóns de homes mulleres e nenos foron arrincados da súa casa en África e levados a América, Asia ou Europa para seren vendidos coma mercadoría. Máis de dazasete millóns de persoas faleceron durante a travesía.
Escravitude debería de ser unha palabra esquecida, mais por mágoa segue a soar el lugares coma Haití, Sudán, India, Mauritania... e en demasiadas ocasións en situacións que temos na porta da casa.
Os sons que chegaron dende África evoluíron de moitos xeitos nos distintos lugares,
un bó exemplo desto é Cuba onde algo tiveron que ver tamén os galegos, non hai máis que ler as espléndidas novelas de Miguel Barnet.
Contan que o compañeiro Compay, espertou unha mañá logo de ter escoitando en soños este magnífico tema de melodía que cheira á salitre do caribe Santiaguero e guitarras que se cravan no peito coma agullas de saudade:
A saudade da terra, do ser querido, da liberdade... Ialma de blues.
Robert Johnson, neto de escravos foi un adiantado ao seu tempo, o seu xeito de tocar a guitarra e interpretar a música blues sentou as bases do que logo se daría en chamar rock and roll.
miércoles, 8 de febrero de 2012
Tua nai é Meiga
Cheira ao entroido.
Nestas datas a man busca a zamarra e o lombo pide chocas.
Nestas datas o frío siberiano (ou o tío severiano) fica fora. Illado, o peliqueiro só sinte o lume da caldeira que leva dentro do peito.
Nestas datas cómpre achegarse a carón doutro lume. O lume na palleira ou o lume na palleta destes rapaces cos que o mesmo Tristan Tzara se vería identificado. O proprio nome do cuarteto: Canle Dadá traenos lembranzas das avangardas; principiaba o século vinte e Manoel Antonio, "lirionauta" rianxeiro das ciencias exactas, trazaba caligramas a bordo do Constantino Candeira.
En terra, ao lonxe, podería soar algo así:

viernes, 15 de abril de 2011
Libeliñas e gaiteiros

Compañeiras do brixel que na súa estaticidade vexetal fita con envexa o seu voo e brincadeiras. Evocan en nós unha infancia ribeirá; imaxes oníricas filmadas co filtro verde das frondas de amieiros. Raiolas que traspasan a teitume por riba da branca cachoeira que enche a paisaxe co seu bruar.
O imaxinario popular viu na forma dos gaiteiros a metáfora do son querido: O instrumento máis noso no seu abdome a xeito de ronco.
Pois veña unha de gaiteiros, gaiteirazos, Noitarega:
Etiquetas:
odonata noitarega libeliñas gaiteiros brixel
viernes, 1 de octubre de 2010
KLEZMER
Moito temos eiquí falado das músicas de mixtura, raianas no tempo e no espazo. A Nosa música, a música tradicional galega, e unha delas con influencias atlánticas, mediterráneas e até caribeñas de xentes que viñeron e foron, tocaron, cantaron e escoitaron.
Mais se hai un pobo que non raia con niguén, maiormente porque pasou por todos os pobos e culturas e non ten influenzas de ninguén porque todas as outras culturas sonlle própias e alleas a un tempo é o pobo xudeu (tamén o cigano pero del xa falaremos noutro intre). Pois ben, os xudeus logo de tempos de peregrinaxe foron engadindo pingas das músicas das terras que percorreron sobre a súa própia e dahí ven o que hoxe coñecemos coma música klezmer.
Tamén é de admirar a capacidade deste pobo que tanto padeceu ao longo dos anos para celebrar, proba delo é a ledicia que desprenden estes sons:

miércoles, 22 de septiembre de 2010
A Terra das Oportunidades
Algo tivo que ter e algo ten que seguir a ter esa terra alén do mar para que tantos desta beira deran o salto para aquela abusca dunha nova (mellor vida).
As Américas son moitas e moi distintas igual que as xentes que aló chegaron, Galegos moitos deles pero tamén irlandeses, escoceses, italianos, chineses, alemáns, daneses... todos eles coa súa cultura ás costas.
Moi comentada ten sido a pegada musical que os desta beira deixaron naquela de norte a sur pero cómpre tamén comentar o rebote desta. Cándo os descendentes dos que marcharon mantiveron esta cultura facéndoa evoluír dun xeito particular propio daquelas terras e nós dende a orixe retomamos o que nos chega e votámolo a cociñar e así sucesivamente.
Bueno, aquí vos vai un exemplo de todo esto que se contándoo semella complexo ao escoitalo resulta sinxelo. Un esocés, Fred Morrison, tocando na gaita Irlandesa unha peza americana: The Kansas City Hornpipes.

lunes, 5 de abril de 2010
Veña unha de EtnoJazz
Moitas son as evolucións das músicas tradicionas, e aquí temos dous exemplos de pioneiros da fusión das músicas de raíz co mellor Jazz obtendo coma resultado un produto de calidade óptima.
Por unha banda dende etiopía o pai do Ethio Jazz Mulatu Astatke, creador de sons e ambientes que destilan insolación, aires do deserto e refracións que provocan miraxes hipnóticas
Mulatu produciu a moitos musicos africanos entre os que podemos destacar a Mahmoud Ahmed
Por outra banda temos a Gato Barbieri saxofonista arxentino e destacado interprete de latin Jazz, outro mestre da creación de ambientes musicais con capacidade de teletransporte...Gato escomezou a súa carreira na banda do músico e compositor tamén arxentino Lalo Schifrin, famoso polas súas bandas sonoras para filmes. Aquí vos deixo o tema principal do inesquecible filme BullitTotal que comezamos no deserto de etiopía e rematamos nunha persecución polas empinadas rúas de San Francisco...

jueves, 18 de marzo de 2010
Estamos no tempo de estroupele-troupele!!
Unha pouca de enerxía nunca ven mal. E aínda máis para o brixel que coma caducifolia que é ten nestes días que espertar do letargo invernal e agromar.
Todos precisamos botar gromos de cando en vez, realizar unha catarse que nos leve a trocar aínda que sexa interiormente,novas ilusións, novos proxectos...
"A vida é aquelo que nos sudede namentres estamos a facer plans", dixo alguén que sabía do que falaba.
Total: renovarse ou morrer, e qué mellor que trocar aínda que sexa por unha vez a banda sonora da nosa película ao tempo que nos enchemos cun cachón de enerxía. Pois eiquí vai a descarga de White Zombie, e cun video do melloriño, preciosa a imaxe das go-gos no deserto..

martes, 12 de enero de 2010
TONY MACMAHON
Un xigante da acordeón de botóns irlandesa que compartiu música e pintas con Seamus Ennis, Willie Clancy, Joe Cooley e outros deuses da música irlandesa.
Eiquí o podedes ver nos seus inicios:
É grande tamén Tony polo seu pulo á hora de defender a pureza da música tradicional fronte aos que tentando agachar a súa falla de ideas ou talento buscan nas mixturas novos carreiros:
O músico verdadeiro só precisa do seu instrumento e é quen de interpretar a tradición e incluso evoluíla sen alonxarse dela. Eso foi o que fixeron os músicos que nos precederon e eso deberemos facer nós se queremos que a tradición chegue aos músicos que van vir.

miércoles, 23 de diciembre de 2009
Máis curmáns de alén do Atlántico
A verdade é que é para non parar, a fecundidade musical e artística das terras Americanas tenme louco. Semella coma se as distintas sementes culturais que alí chegaron (Galegos, Irlandeses, Italianos, Africanos...) agromaran mesturándose co que alí había e floreceran de mil xeitos.
Xa temos falado aquí da influenza da música celta en Norteamérica do gaiteiro de Texas, da música Bluegrass e Hillbillie.. Pois hoxe imos continuar co mesmo tema facéndolle unha modestísima homenaxe a un veterán: Ralph Stanley, ninguén que oia a súa voz pode deixar de lembralo logo, coma mostra eiquí vai esto:
Pois nada, con coiro de pita ficamos ao escoitarmos esta interpretación dun mestre. E sen máis convidamos a subir á picota a Ralph Stanley (hoxe é o día dos pelikeiros veteráns).

Suscribirse a:
Entradas (Atom)